Xan da Cova

enero 7, 2008 at 7:34 pm (Mestres ispiradores)

Comezo aquí a escribir umas linhas sobre este mestre, gran descoñecido, inspirador e precursor das avangardas galegas. Coido que non poucos nunca ouviron falar del, e mais outros confundeno con Xan das Bolas (actor celebérrimo dos anos 60 e 70, das péliculas españolas mais sonadas da época, véase El Verdugo, de Berlanga). Pero non; só os maiores eruditos galegos e os máis fiéis ourensófilos (etre eles eu) coidan coñecer algo deste singular home.

Juan de la Cova y Gómez, nasceu en Ourense (a atenas de Galicia, bella e verde, doce mel d´ouro, inspiradora flor, cabelos louros e tan grácil e frugal, do Miño á auga quente) “quizais no ano 1829, nunha casa máis farta ca pobre”- en palabras do profesor Xesús Alonso Montero, que contínúa -A data do seu pasamento é o 9 de Novembro de 1899 á unha da tarde, morría solteiro e testara, en 1985, a favor da súa irmá Teresa. Era fillo de Xosefa e Narciso.

Ademáis de vate lírico era perito agrimensor, medidor de fincas i leiras, ebanista e facedor de santos e inventor.

O séu máis asombroso invento, foi a de un extraño artefacto (artefacto é o que se fai con arte) que el mesmo chamou, empregando o seu idioma unipersoal, Pirandárgallo, que non é nin máis nin menos que o vulgo profano, paraugas universal. Pero tan extraordinario era iste invento que “bastaba poñelo aberto no curuto do Polo Norte para que as pingueiras da chuvia nin sequera chiscasen a panza do Ecuador da Esfera Terráquea”. Así argumentaba Xan da Coba, e nos casinos e Liceos do seu tempo (Como o gran Liceo de Ourense) houbo alporizadas polémicas entre apoloxetas e detractores do inventor.

O dato sen dúbida máis relevante, amén de outras fántásticas historias que eu mesmo irei desmigando en sucesivos, é o feito de que Don Xan é o olvidado precursor do rexurdimento Galego, pois no manuscrito da súa ópera María Pita, eteiramente redactada en galego, consigna a data de febreiro-marzo de 1863. Voilá!, enton é anterior a Cantares Gallegos de Rosalía (maio de 1863), e ademais a primeira peza teatral do noso Rexurdimento.imgp3951.jpg

Anuncios

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: